sábado, 16 de mayo de 2009

As secretarías comarcais de BNG e PSOE negan a crise do bipartito de Manzaneda

O plantón do PSOE ao seu socio de goberno en Manzaneda acontecido no pleno do pasado xoves foi minimizado desde os respectivos partidos, que tratan de enviar a mensaxe de que non existe crise algunha entre os dous grupos, aínda que si recoñecen posibles desacordos.
Os responsables comarcais de ambas as formacións aseguraron onte non recibir comunicación algunha dos seus afiliados sobre problemas no goberno municipal. Eladio Osorio, secretario comarcal socialista, asegurou que «non sei nada de ningunha crise», aínda que despois recoñeceu que de habela «é algo que imos arranxar entre vos dous partidos». Osorio avanzaba unha posible reunión entre ambas as partes para buscar unha solución ao conflito, que ningún dos seus protagonistas directos (Antón Núñez e Herminio Cereijo) nega.
Sen querer falar de ruptura do pacto, aínda que recoñecendo puntos de fricción, pronúnciase Montserrat Nóvoa, responsable comarcal do BNG. «As relacións non poden ser boas cando un dous socios non acode a un pleno», recoñecía onte, aínda que lle restaba importancia ao pleno «porque era para as mesas electorais» (#obviar\\ o resto dos puntos da orde do día). A nacionalista insistía en que «imos seguir traballando para que a situación se poida reconducir». Nóvoa erixiuse defensora da continuidade do pacto.


Publicado na Voz de Galicia a 14 de Maio

2 comentarios:

  1. Pois si que cambian as cousas en dous dias si

    ResponderEliminar
  2. Que vai decir o Eladito Osorio, mira como esta o Castro e el di que esta ben..... e no seu dia xa se fartaron de negar a crise economica que van dicir desto... dentro de dous meses xa diran que teñen crise, vos trnquilos y tiempo al tiempo.......

    ResponderEliminar