martes, 9 de marzo de 2010

A corporación de Novas Xeracións do Macizo Central condenan os actos vandálicos realizados polos simpatizantes de Galiza Nova en San Xoan de Rio.

Trala realización dun gran mural no cruce da carreta C-536 a altura do cruce de San Xoan de Río por Mouroas, por parte de simpatizantes da plataforma xuvenil do BNG, Galiza Nova, a Corporación das Novas Xeracións do Macizo Central denuncia públicamente esta forma de realizar política.
As Novas Xeracións do Macizo Central tamén se manifesta en contra das recientes pintadas realizadas tanto en San Xoan de Rio coma nos concellos limítrofes, Poboa de Trives e Manzaneda, con lemas a favor da independencia.Polo que dende as Novas Xeracións do Macizo Central convidan a que o BNG tome cartas no asunto e intenten solucionar dito problema xa que pensamos que a realización destes murais estragando ó paisaxe con mensaxes partidistas poderíase calificar de actos vandálicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario