lunes, 27 de abril de 2009

ACTO DE CONSTITUCIÓN EN QUEIXA



O Venres dia 24 tivemolo pracer de inaugurar no Centro Social Cardiego, o pé do embalse de Queixa, as novas xeracións do partido popular nos concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e Póboa de Trives.

Neste acto contamos co apoio do presidente do partido popular en Ourense Don Xose Luis Baltar, co diputado provincial e alcalde de Chandrexa de Queixa Don Francisco Rodríguez, co presidente provincial de Novas Xeracións Don Roberto Ameijeiras, con representantes do partido popular nas distintas corporación municipais asi coma con distintos presidentes de novas xeracións de diferentes comarcas de Galicia.

O presidente das novas xeración do Macizo Central, Don Roberto Domínguez destacou a necesidade de que xente xove e emprendedora decida moverse por esta bisbarra tan esquecida e tan incomunicada.

Ó acto asistiron unhas 200 persoas a maior parte mozos e mozas destes concellos preocupados polo seu futuro. Despois dos discursos dos diferentes presidentes asi coma do anfitrión Francisco Rodríguez, os ali presentes disfrutamos duns aperitivos que se serviron no mesmo Centro Social Cardiego.

jueves, 23 de abril de 2009

BENVIDOS

Benvidos o blog das novas xeracións do partido popular que formamos un grupo de amigos destes concellos limítrofes. Intentaremos que esta paxina sirva, para por en coñecemento de todos, os distintos actos e accións que vaiamos levando a cabo, como asi mesmo, de foro para intercambiar opinions e comentarios acerca dos nosos concellos e comarca en xeral.